Un ministro da República no exilio naceu na Pontenova


Jesús Vázquez Gayoso, nacido na Pontenova en abril de 1909 tivo un papel moi relevante no goberno da República no exilio.

Ademais da súa importancia política como diplomático e ministro de relacións exteriores do goberno republicano, foi un destacado doutor en dereito e prestixioso profesor da Universidade da Habana, ademáis de editor e autor de numerosas publicacións.

Este persoeiro foi tan silenciado coma José María Díaz Villamil, curiosamente tamén avogado. A pesares de correr distinta sorte, ambos sufriron a represalia da dictadura e a súa memoria foi silenciada para a nosa xeneración dun xeito que dende unha perspectiva demócrata non acado a entender se non é coñecendo ós herdeiros ideolóxicos dos precursores da dictadura e as súas tropelías.

Non se me ocurre neste momento mais que lembrar unha frase do director de cine José Luis Cuerda cando presentou a Plataforma de Apoio a Zapatero: "Hai que evitar que volva a turma mentirosa e humillante que pensa dende a súa imbecilidade que todos somos imbéciles".

O triste é que os mentirosos, os rastreros, os ruins, os hipócritas de misa dominical e puñaladas o resto da semán, os que fomentan o enfrontamento e a crispación, os que se sinten cómodos navegando na calumnia a diario, os que tratan de esconder as vergonzas propias con acusacións sin fundamento, os que non dubidan nunca, os que se cren propietarios da verdade seguen existindo e rebozandose no lodazal que eles mesmos crean.

¿Por qué persoeiros da Pontenova da valía de José María Díaz Villamil e Jesús Vázquez Gayoso non poideron aportar ó seu pobo os froitos da súa valía?

Non debemos esperar que nos contesten os demáis, debemos (por obligación moral e democrática) situalos no lugar que lles pertence na historia da Pontenova. Ese é un compromiso persoal.

"Eu creo que a información é unha das meirandes grandezas da democracia contemporánea. Canta máis información menos manipulación.........." José Luis Rodriguez Zapatero

Eu tamén creo o mesmo.

Comentarios

Celtia dixo…
Ola,
paréceme necesario e bonito todo o que estades a facer pola recuperación da memoria histórica e, especialmete, todo o teu empeño.

Jesús Vázquez Gayoso era tamén poeta e ten un libro titulado "Luz en el alma" con algúns poemas en galego. Todos adicados a Felisa, a súa muller.

Remítoche un extracto de mail que me mandou hai tres ou catro anos un dos seus fillos onde me exprica quenes son e que fan agora.
----
Soy Suso, el hijo de Suso y nieto de Papá Suso...
Para que me ubiques:
Jesús Vázquez Vázquez y Petra Gayoso Piñeiro tuvieron 16 hijos, de los cuales creo que solo llegaron a edad adulta Angel, Casimiro, Marcela, Dolores, Pilar, Carmen (Guadalupe), Elena, Juan y Jesús. En cuanto al orden, solo estoy seguro del primero y del último.
Jesús (1909, A Pontenova; el menor del grupo, pues fue el tercer hijo con tal nombre) se casó con Felisa Abad Serrano (1930, Madrid) y salimos cinco, en orden: Jesús (1951), José (1953), Juan (1955) y Felisa y María Dolores (1960, gemelas), nacidos todos en La Habana. Vivimos algo desperdigados: Feli y yo en Canadá (cuando Feli no está en Australia), Loli en EEUU, Juan en Madrid y Pepe en México, donde vive nuestra madre y está enterrado mi padre (1970).
Nos mudamos a México en 1962; yo emigré al Canadá en 1978, en principio para continuar "temporalmente" mis estudios (tan temporal como supuestamente iba a ser el exilio...). Tengo tres hijos canadienses: dos hijas de un primer matrimonio con una mexicana y un hijo de un segundo matrimonio con una americana. Soy profesor en la Universidad de Montreal (en Educación) al igual que mi hermana Feli (informática y matemáticas aplicadas). Loli es médico e investigadora en Pfizer. Juan es filósofo, pianista y director de conservatorio en Madrid. Pepe trabaja para la compañía aérea Delta.

Suso.
José Manuel dixo…
Estaría ben poñerse en contacto con algún dos fillos de Jesús. No mes de agosto deste ano quedamos con Lourdes Labrador que é unha sobriña de José María Díaz Villamil para facer algún acto na súa memoria e sería interesante ter familiares doutros exiliados e represaliados.
José Manuel dixo…
http://www.galiciae.com/pdf_files/30052010compendio_2.pdf

Publicacións populares deste blog

"Pepe do Cerdeiral"

Desmantelamento programado do rural

A Santa Substituta (Non hai Conforto)