Publicacións

Mostrando publicacións desta data: 2008

Inocencio Bermúdez na Memoria

Imaxe
Ni una palabra Blas de Otero Ni una palabra brotará en mis labios que no sea verdad. Ni una sílaba, que no sea necesaria. Viví para ver el árbol de las palabras, di testimonio del hombre, hoja a hoja. Quemé las naves del viento. Destruí los sueños, planté palabras vivas. *** Inocencio Bermúdez foise igual que viviu, silenciosamente, pacíficamente, achegado á súa familia. Queda un fondo valeiro que somentes enche a lembranza de quen foi como persoa e da súa actitude fronte á vida e a prol da verdade do pasado como ferramenta de futuro. Él ensinounos o extraordinario poder da memoria, da verdade e da palabra. Quédanos a súa memoria, aquelo que nos ensinou. Quédanos a forma de brotar a súa palabra. Nin unha sílaba súa amosou nunca rencor, nin un soio acento na revancha, nin unha soia concesión á vinganza. A súa paz foi, é e será contaxiosa naqueles que tivemos a inmensa sorte de manter longas conversas sobre a súa memoria; esa memoria que se nalgún momento o desacougaba era porque non q

400 KV

Imaxe

Cabaleiros

Imaxe
Cabaleiros, por encima de todo. Cabaleiros no amplo sentido da palabra. O úneco ruido que fixeron foi o das ferraduras dos cabalos polas rúas da Pontenova e indo e vindo de Conforto. Á hora de tomar as copas cada un é libre de ir como queira se no establecemento lle deixan, que o importante é divertirse sin facer dano a naide. Cecais dende os tempos das feiras de outubre nas que había feira de gando non se acordan tantos cabalos nun domingo na Pontenova. Un pode "pasmar" vendo ós cabalos e os cabaleiros circulando polos camiños que os levan a coñecer a Pontenova e sentir unha sana envexa deles disfrutando da fermosa cabalgada. Esperamos pasmar uns e participar na cabalgada outros en xeiras que desexamos compartir con eles noutras andainas polos nosos camiños que nos axudarán a descubrir. Gracias, Cabaleiros dos Gabeás.

A man e o ferro ¿Cal é o máis duro?

Imaxe
Percorrer o noso concello polo motivo que sexa sempre nos vai amosar algunha imaxe que, cando menos, nos sorprende. A min particularmente sorpréndeume esta man dun ferreiro da Pontenova. Que cadaquén xuzgue, a foto fala por si sola.

A Mina - A Pontenova / A Pontenova - A Mina

Imaxe
A Pontenova ca ponte vella, a de ferro. Á busca do Tesouro Un dos tesouros que se poden encontrar na mina Dende unha das galerías. Cara a unha das galerías Lástima que desaparecese a capela de Sta. Bábara Unha Borsig parecida a esta tirou do desenvolvemento da Pontenova abrindo un novo horizonte comercial cara a Ribadeo. Esta máquina axudou a que a pontenova existise. Aquelas máquinas e aqueles homes e mulleres que as manexaban merecen unha homenaxe e non se me ocurre outra mellor que facer das minas e todo o que as rodea e nos rodea na Pontenova un novo motor da nosa economía. Os tempos cambian pero o fundamental sempre vai estar ahí e naide lle pode negar á xente da Pontenova a súa capacidade emprendedora. Somentes faltaba un pouco de ambición e crer naquelo que ainda que pareza utópico é realizable. Dará traballo pero haberá que arrimar o hombro e ter pacencia ata ver os resultados que serán moi positivos. Estou convencido deso.

Paco Santos foi o impulsor da ruta da Seimeira

Imaxe
Lástima que non haxa máis auga. Esto tamén está na Pontenova. A cada quen o que lle correponde. Paco Santos de Sanxés foi quen sinalizou a Ruta da Seimeira dende Sanxés ata os Muiños e quen fixo o cartel que a anunciaba. Nun anterior comentario meu dicía que fora Marqués que fixera o cartel anunciador. Agora que contrastei a información convén rectificar ó tempo que agradecerlle a sensibilidade co noso patrimonio natural. Graciñas. Xa que logo aproveitei para sorprender de novo con fotos da ruta.

A néboa e choiva tamen ten encanto nas nosas fragas

Imaxe

Sarille traballa pola memoria da Pontenova

Imaxe
Manolo Sarille documenta con testemuñas a memoria da Pontenova. Despois de varias visitas a persoas que conviviron con Díaz Villamil e de recopilar infinidade de documentos oficiais que constan nos expedientes e rexistros, a memoria de Díaz Villamil está a piques de ser recuperada. O duro traballo de Sarille na Pontenova, en Ribadeo, nos arquivos militares e municipais vai ver a luz en breve. Hoxe que La Voz de Galicia recolle a visita do noso alcalde e varias persoas máis ás galerías das minas da Pontenova, é un bo día para recuperar a memoria da orixe da Pontenova e tamén daqueles que fixeron a nosa historia ocultada pero que agroma agora. Anque físicamente me resulte dificil escribir estas liñas, resúltame unha auténtica ledicia servir de apoio para que persoas coma Manolo Sarille sigan na súa loita pola memoria. Moito ánimo Manolo e graciñas por poñer luz sobre a verdade.

Un ministro da República no exilio naceu na Pontenova

Imaxe
Jesús Vázquez Gayoso , nacido na Pontenova en abril de 1909 tivo un papel moi relevante no goberno da República no exilio. Ademais da súa importancia política como diplomático e ministro de relacións exteriores do goberno republicano, foi un destacado doutor en dereito e prestixioso profesor da Universidade da Habana, ademáis de editor e autor de numerosas publicacións. Este persoeiro foi tan silenciado coma José María Díaz Villamil, curiosamente tamén avogado. A pesares de correr distinta sorte, ambos sufriron a represalia da dictadura e a súa memoria foi silenciada para a nosa xeneración dun xeito que dende unha perspectiva demócrata non acado a entender se non é coñecendo ós herdeiros ideolóxicos dos precursores da dictadura e as súas tropelías. Non se me ocurre neste momento mais que lembrar unha frase do director de cine José Luis Cuerda cando presentou a Plataforma de Apoio a Zapatero: " Hai que evitar que volva a turma mentirosa e humillante que pensa dende a súa imbecilid