Publicacións

Mostrando publicacións desta data: outubro, 2022

A Ponte de Pedrido na Vía Verde do Eo?

Imaxe
                                            Imaxe de El Progreso A vella Ponte de Pedrido, entre San Tirso de Abres e A Pontenova, forma parte da memoria “esquecida” do franquismo máis sanguinario. Na beira asturiana da ponte, na cuneta, morreron por disparos fascistas moitos cidadáns anónimos que aínda hoxe seguen a ser anónimos e “descansan” nunha foxa común do cemiterio de Vilameá , agardando verdade, xustiza e reparación (Merecen luz pero non no medio desta cerimonia da confusión á que nos teñen acostumbrados). Do que non forma parte a vella Ponte de Pedrido é da Vía Verde do Eo (Nome oficial que lle da a Fundación de Ferrocarriles Españoles), por moito que El Progreso e “El alcalde de A Pontenova, el socialista Darío Campos, ya había avanzado la colocación de este puente de hormigón ecológico como uno de los pasos importantes en la mejora que están llevando a cabo en las rutas del municipio al tratarse de un proyecto pionero y que aseguró que sería fundamental”.  Alguén se confund

SI OU X... en Eo-Oscos-Terras de Burón

Imaxe
Nos recreos da escola de Primitivo Gallo, en Souto de Mogos,  faciamos o indio no piñeiral da Granda como se fósemos dunha tribu perseguida polo xeneral Custer. Seguramente algún facía a carga do 7º de Cabalería con música e todo e nos arreaba ós que nos tocaba facer de indios. Para daquela aínda non sabía porque o exército dos colonizadores perseguían ós indios. Aquelas películas en branco e negro nas que se masacraban aos Sioux, Pies Negros, Arapahoes,... non me sacaron daquelas dúbidas, nin tampoouco o bigotiño de Errol Flyn que encandilaba ó "respetable" “morrendo cas botas postas”. Da perigosa lectura das versións que non son "oficiais" sobre da historia de América descubrín que o que pretendían os colonos recén chegados da vella Europa era recluir ós indios en reservas para logo facer e desfacer nos seus territorios sin respectar nada. Se cadra un "nada" absoluto que rematou por convertir as grandes nazóns indias nos parias da América