"El griterío"
" Os amigos sensatos, aos que coma min asusta o griterío, soen loubarme o gusto por estar parte do ano fora, lonxe desa tendencia tan nosa de converter en exabrupto calquera debate . Por sorte e por desgraza , a lonxanía xa non é o que era. Un xa non se vai á maneira machadiana, espido de equipaxe, senón que leva ás costas todo o griterío, metido no ordenador do diaño. E que conste que me levo moi ben co aparello: permíteme trasladar a miña profesión debaixo do brazo e creoume vencellos de amizade con persoas ás que doutra maneira non coñecería. Son asíduo visitante de blogs literarios, humorísticos, políticos, e comparto bromas cun círculo de ciberamigos aos que teño nun altar. Vivir fora permitiume comprobar que a realidade a través do ordenador chega tremendamente distorsionada, porque o que máis rápido viaxa é, sen dúbida, o griterío, tan casposo e agresivo, encontrou no ciberespacio o su elemento . O griterío maniféstase en revistas dixitais, pero tamén en forma de libelo cib