A Seimeira. Na Pontenova un roteiro a muiños con historia
Vilarxubín é o final desta ruta que cando esté rematada de señalizar e limpar mellorará aínda máis a das Reigadas que pasará a ter un desvío rico en natureza e historia. Pasados os muiños da Seimeira agardábanos unha travesía difícil que fomos salvando polo medio dun chan complicado e unha vexetación de cualidades pouco comúns. Cando chegamos ós muiños da Seimeira un ten a sensación de que gardan historias descoñecidas. Algunhas serán de troula e outras de amargura pero son boas testemuñas que é preciso cuidar e conservar. O noso guía Eliseo, púxonos dificil seguir o seu ritmo a pesares de que estreabamos botas de Gore Tex. Xa me dixera Manolo da Ermida que as botas non o eran todo e non me engañou nin neso nin nas súas cualidades. A técnica de Metacortex toma boa nota dos puntos de referencia, das arbres, das prantas e os animais que atopa no camiño para facer un panel informativo para a ruta. A seimeira levaba avisándonos da súa presencia dende había un bo rato. A auga no medi