ALMANAQUES, CALENDARIOS E AXENDAS
Acabo de botarlle unha ollada o almanaque do Concello que tivo a ben entregar en persoa o Alcalde da Pontenova. É de xustiza recoñecer o seu valor, o do almanaque refírome. Ten unha gran calidade de edición e un valor gráfico e histórico que, ben seguro, garda detrás un importante traballo profesional a recoñecer a quen corresponda. Comparto co alcalde que, como calquera outro, é un bo momento “para facer balance da nosa actuación e reflexionar”. Agradezo a intención, pero non di o que parece querer dicir cando nos desexa un “ventureiro ano”. É de supoñer que se trata dun erro de vocabulario. Si nos baseamos só no que significa ventureiro segundo a RAG, estamos diante do nome que recibe a “planta que nace sen ser plantada nin sementada” ou “animal doméstico que vive fora da casa, procurando el mesmo o seu propio alimento”. Porén, ven a conto e puidera ser ben acaído para o que sigue. O que nos deu o Concello de man do alcalde foi un “almanaque”, ben traído, pero ...