ESTO EMPEZA A ARREFRIAR
A Tormenta do P.E. “Campos de Goios” ameaza con empeorar. Parece que os ventos son cambiantes e amais de chover de riba tamén vai chover de lado así que hai que mollarse. Parece que non vai ser suficiente esperar nos soportais do Concello a ver si escampa, tampouco “fabricar un relato” ó xeito do Pazo de Raxoi á medida do “Fuches tu, fuches tu, o que me foi cagar o palleiro”, tampouco facer moito ruído ás primeiras de cambio sen ler ben o que pasou antes de zouparlle ó pandeiro non vaia ser que teña “o pelexo virado” e bailen “os demos no adro”. O PP da Pontenova tratando de dixerir o caldeiro de croios que ateigan a xestión do PE da Pontenova. Dicir croios é por dicir algo indixerible e non atribuír delitos os actores deste teatriño que se ven representando con “éxito” dende os anos 80 do século pasado. Só recordar que o dicionario da RAE di que a prevaricación é un delito consistente en que unha autoridade, un xuíz ou un funcionario diten unha resolución a sabendas de que...