Baldío Comunal
Hoxe erguinme un pouco ácrata. De noite soñei que o solar da Casa do Concello aínda era un baldío comunal no que, cada quince días, celébrase o mercado. Agora, fai nada, á noitiña, observei que as luces incandescentes (non son led, nin de baixo consumo,..) alumaban os arcos baleiros do edificio, seguramente para chamar as políllas , lepidópteros nocturnos, avelaíñas "mensaxeiras" e outros insectos coleópteros ou dípteros que acuden á chamada, encandeados por tanta "incandescencia", mesmo para inmolarse ou para quedar cegos vitalicios. Dentro non había luces, sen dúbida para loitar contra do cambio climático e para aforrar. Vou ter que chamar ó meu "asesor onírico" para que me axude a interpretar este pesadelo. Nas miñas "comparativas" cheguei a desilusionarme, desesperarme e outros des... máis ou menos "agresivos", porén non acadei a entender porque no mundo paralelo dos meus pesadelos martelaba o "Baldío Comunal". A Real