Publicacións

Mostrando publicacións desta data: maio, 2023

VOTAR COMO ANIMAIS

Imaxe
Rematada a campaña electoral para as eleccións municipais e aínda non vin ningún programa electoral. Seguramente é culpa miña que estou desfasado para a “política” actual e non son capaz de entender as mensaxes “encriptadas” que os candidatos nos están a mandar cas súas actitudes, o seu postureo nas redes e as súas promesas xeneralistas por non decir "vagas", no sentido amplio. Digo isto porque ningún dos 3 partidos que se presentan na Pontenova cumpriu ca saudable “tradición” de poñer negro sobre branco o que van facer nos vindeiros 4 anos para sometelo ó voto dos seus veciños. Fai uns días lin na prensa un artigo que falaba do comportamento animal , de como votan e como toman as decisións distintas especies de animais, fundamentalmente aqueles que se moven en manada. Estudaron un cantos mamíferos, algunhas aves e insectos. Supoño que a estas alturas xa están estudando algúns outros paxaros que van en bandadas. Mágoa que o cuco vaia por libre, gustaríame saber como decide o

O que a "verdade" esconde

Imaxe
Duns  Orzamentos do Concello da Pontenova para 2023   que acadan un importe de 4.641.201,60 euros, o 37,28% (1.730.266,41 eur) vaise en gastos de persoal. Unha parte do total vai para "ALTOS CARGOS -RETRIBUCIÓNS BÁSICAS": 26.000,00 eur  para o alcalde (adicación indefinida - a nota é miña porque no texto dos orzamentos non aparece), 35.000,00 eur para o segundo tenente de alcalde (ADICACIÓN PARCIAL) e 15.820,00 euros para a primeira tenente de alcalde (ADICACIÓN EXCLUSIVA). Dende o ano 2013 "Nos Axuntamentos de Concellos con poboación comprendida entre 2.001 e 3.000 habitantes, os membros que poderán prestar os seus servizos en réximen de dedicación exclusiva non excederá de dous".  Resulta difícil de entender que no Concello da Pontenova o Alcalde teña un "salario" por unha dedicación indefinida, o segundo tenente de alcalde teña unha dedicación "parcial" por 35.000,00 euros e a primeira tenente de alcalde teña unha dedicación EXCLUSIVA de menos