A Santa Substituta (Non hai Conforto)
Agora máis que nunca recobra importancia a Santa de Conforto. Se cadra cinco anos despois daquelas masivas, reiteradas e longas protestas por aquel famoso troco, recambio ou "restyling" da “Santiña de Conforto”, á auténtica ou substituta, vaille aparecer un montón de traballo. Sorte para os crentes que poderán ir da man da súa fe ó Santuario de Conforto e contarlle os seus problemas de saúde á “santiña” e, se é o caso, deixarlle unha prenda ca enfermidade colgada no “salgueiro chorón” do adro. Todo elo, tamén hai que dicilo, sen ter que pedir cita previa e sen horario. Sexa a santa “boa” ou a substituta hai que agradecerlles ós curas que a devolveran despois de pasear por Galicia enteira para “curala”, pintala ou para facer unha substitución provisoria en calquera outro santuario, tal cal fan os profesionais do Sergas con contratos a tempo parcial, por horas ou como e cando ós políticos de quenda lles parece que serven ós seus intereses, importando ben pouco as necesid