Non hai "CONFORTO"
Resulta difícil de entender como unha "torpeza" de dous curas o ocurrido en Conforto. Se cadra habería que pensar na soberbia do delincuente que pensa que nunca o van a coller porque leva moito tempo facendo o mesmo. Pero que naide me entenda mal, non estou calificando a naide de delincuente, só digo que as persoas que delinquen non avisan antes pero si dan explicacións ainda que naide lle las teña pedido expresamente. Digo esto porque a reportaxe fotográfica que os curas prepararon a conciencia e con antelación para pechar bocas no "mitin" que se barruntaba no Santuario de Conforto, non deixa de ser unha explicación que naide pedira ainda. Un pensa naquelo de que "excusatio non petita, acusatio manifiesta". Apetéceme dicilo así porque tratamos con curas e "saben latín" como todo o mundo sabe. Dous curas que xa no seu exercicio diario teñen que pelexar contra unha, seguramente ben merecida, impopularidade e "mala fama"