PONTE CONTRA O TRAZADO DA LIÑA BOIMENTE-PESOZ
Santa Eulalia de Oscos , A Pontenova e Fonsagrada teñen presentado un contencioso contra o trazado da liña, a asociación Camín Grande vai presentalo. Veciños de todos os concellos polos que pasa a liña que ven afectados terreos da súa propiedade e aqueles que sin ser afectados nas súas propiedades se sintan prexudicados ou ameazados polos posibles efectos nocivos para a saúde sobre os que hai moitas opinións , ou os que vexan prexudicados os seus negocios de turismo rural, a súa afición á caza, ao sendeirismo, a pesca, etc, as súas explotacións gandeiras ou forestais, todos en xeral poden e deben presentar alegacións específicas sobre o tema particular que lles preocupa e tamén poden pedir un escrito de alegacións tipo elaborado polos asesores xurídicos e técnicos de Camín Grande. Para obter información sobre o estudo de impacto ambiental pódese consultar o BOE do 21/12/2010 e os seus erros de bulto e as manifestas contradicións co que manifesta REE na sua web e na