Publicacións

Mostrando publicacións desta data: novembro, 2011

IDIOTA

Sonaron cantos de sereas, que eran só iso. Cantos de serea sobre os “métodos” cos que o Rexistrador da Propiedade nos sacará da crise; e non fun capaz de entender nada, seguramente porque eu pensaba que os rexistradores da propiedade son esa parte da economía que resulta absolutamente improdutiva. ¿Necesarios? Tal e como está estruturada esta sociedade, seguramente si, pero tamén perfectamente prescindibles, substituíbles e algúns ...ibles máis. Non entendo cales son os elementos de confianza que pode ofrecer á sociedade española un rexistrador da propiedade que pertence a un colectivo (exercera ou non) que sacou os seus ingresos máis altos en plena burbulla inmobiliaria. Moita compra-venta de vivendas, terreos, hipotecas ao promotor, cancelacións, novacións, notas simples, certificacións rexistrais, inscrición de obra nova en construción para obter a hipoteca promotor, declaración de obra nova e división horizontal, agregación e segregación de fincas son a materia prima dun negocio