Publicacións

Mostrando publicacións desta data: decembro, 2008

Inocencio Bermúdez na Memoria

Imaxe
Ni una palabra Blas de Otero Ni una palabra brotará en mis labios que no sea verdad. Ni una sílaba, que no sea necesaria. Viví para ver el árbol de las palabras, di testimonio del hombre, hoja a hoja. Quemé las naves del viento. Destruí los sueños, planté palabras vivas. *** Inocencio Bermúdez foise igual que viviu, silenciosamente, pacíficamente, achegado á súa familia. Queda un fondo valeiro que somentes enche a lembranza de quen foi como persoa e da súa actitude fronte á vida e a prol da verdade do pasado como ferramenta de futuro. Él ensinounos o extraordinario poder da memoria, da verdade e da palabra. Quédanos a súa memoria, aquelo que nos ensinou. Quédanos a forma de brotar a súa palabra. Nin unha sílaba súa amosou nunca rencor, nin un soio acento na revancha, nin unha soia concesión á vinganza. A súa paz foi, é e será contaxiosa naqueles que tivemos a inmensa sorte de manter longas conversas sobre a súa memoria; esa memoria que se nalgún momento o desacougaba era porque non q