Publicacións

Mostrando publicacións desta data: febreiro, 2008

A néboa e choiva tamen ten encanto nas nosas fragas

Imaxe

Sarille traballa pola memoria da Pontenova

Imaxe
Manolo Sarille documenta con testemuñas a memoria da Pontenova. Despois de varias visitas a persoas que conviviron con Díaz Villamil e de recopilar infinidade de documentos oficiais que constan nos expedientes e rexistros, a memoria de Díaz Villamil está a piques de ser recuperada. O duro traballo de Sarille na Pontenova, en Ribadeo, nos arquivos militares e municipais vai ver a luz en breve. Hoxe que La Voz de Galicia recolle a visita do noso alcalde e varias persoas máis ás galerías das minas da Pontenova, é un bo día para recuperar a memoria da orixe da Pontenova e tamén daqueles que fixeron a nosa historia ocultada pero que agroma agora. Anque físicamente me resulte dificil escribir estas liñas, resúltame unha auténtica ledicia servir de apoio para que persoas coma Manolo Sarille sigan na súa loita pola memoria. Moito ánimo Manolo e graciñas por poñer luz sobre a verdade.

Un ministro da República no exilio naceu na Pontenova

Imaxe
Jesús Vázquez Gayoso , nacido na Pontenova en abril de 1909 tivo un papel moi relevante no goberno da República no exilio. Ademais da súa importancia política como diplomático e ministro de relacións exteriores do goberno republicano, foi un destacado doutor en dereito e prestixioso profesor da Universidade da Habana, ademáis de editor e autor de numerosas publicacións. Este persoeiro foi tan silenciado coma José María Díaz Villamil, curiosamente tamén avogado. A pesares de correr distinta sorte, ambos sufriron a represalia da dictadura e a súa memoria foi silenciada para a nosa xeneración dun xeito que dende unha perspectiva demócrata non acado a entender se non é coñecendo ós herdeiros ideolóxicos dos precursores da dictadura e as súas tropelías. Non se me ocurre neste momento mais que lembrar unha frase do director de cine José Luis Cuerda cando presentou a Plataforma de Apoio a Zapatero: " Hai que evitar que volva a turma mentirosa e humillante que pensa dende a súa imbecilid