Publicacións

Mostrando publicacións desta data: agosto, 2007

Diaz Villamil na memoria

Anque os que agora temos preto de 40 anos non podemos ter na memoria por mor da idade a persoeiros coma Díaz Villamil, Gándara ou Torviso, entre outros; algúns sentímonos obrigados moralmente a recuperar para a memoria de todos a nosa historia. A orixe da Pontenova ten unha historia que á maioría de nós parécenos imposible dado o esquecemento intencionado no que foi sumida. Paréceme polo tanto de xustiza recuperar a memoria para ver o presente e o futuro cunha perspectiva transparente, ética e moralmente axeitada. Cando coñecín a Manuel Sarille persoalmente, tratando de tirar luz sobor da figura de "Pepe do Cerdeiral" sobre a familia dos de Aragón do Cerdeiral, impactoume a súa forma de afrontar a memoria despois do seu sufrimento persoal. Colaborar con él na medida do que eu podía naquel intre era unha grande honra; hoxe dende outra perspectiva como Concelleiro con responsabilidades de goberno na Pontenova, pareceme que ademais de unha honra é unha obriga. Estes días poiden