Publicacións

Mostrando publicacións desta data: marzo, 2026

"PARTE DE GUERRA"

Imaxe
 Sendo militar á forza, cando a “mili” era obrigada, despois de ter pasado un par de meses por Campo Soto en Cádiz, acabei indo para Melilla. A “viaxe” pagada polo Exército Español, foi nun barco da Transmediterránea. Basicamente a aquel material de ferralla entráballe auga ata os camarotes destinados ós soldados. Pasamos a noite de viaxe dende Málaga a Melilla en cuberta. Viaxar aterecidos de frío era preferible a ver a auga que nos chegaba ás canelas facendo ondas nos corredores. Aquela chatarra oxidada que seguía prestando o servizo “regular” á cidade do norte de África levounos ata onde estaba previsto que  pasasemos boa parte do ano 1983. Antes de marchar a África, o Exército Español pagoume un billete de autobús dende Cádiz a Lugo, directo e sen máis paradas cas de poñer combustible e deixar no camiño a algún de Zamora, León e Ourense que viñan no mesmo autobús. Non lembro o que pasou pola miña mente durante o tempo que pasei en Souto de Mogos antes de saír para África c...