25 ANOS NON SON NADA
Pensei que estaba nunha máquina do tempo que me levara de novo ao ano 1992, pero todo me resultaba familiar e actual. Soou o teléfono e pechei o "dossier" que estaba lendo e na portada figuraba a seguinte lenda: ASAMBLEA GENERAL, 1993 ASOCIACIÓN PARA EL FOMENTO Y DESARROLLO DE A PONTENOVA 25 anos non foron suficentes para salvar certos atrancos. Se cadra imos algo lentos. Así é como se trazaron sobre o papel as previsións para a posta en marcha do Parque Empresarial de A Pontenova. Non sei si quen escribía era o redactor do proxecto Mario Iglesias ou o eterno Xerente de Xestur Jorge Carballeira. 25 anos despois segue sen rematar O enésimo convenio asinado segue sin cumplirse. Os empresarios seguen querendo saber o mesmo.