Publicacións

Mostrando publicacións desta data: agosto, 2009

CINCUENTA E CINCO TABERNAS

Imaxe
Eduardo Blanco Amor tiña a súa tertulia literaria na Taberna do Ribeiro, e dalí ben poida ter xurdido a idea da súa novela “A Esmorga” onde retratou o Ourense de entón pero tamén retratou unha boa parte dos persoeiros e feitos que vistos ou contados pode haber ou acontecer en calquera recuncho de Galicia ou do mundo mundial. Os feitos vistos ou contados na taberna do Ribeiro e os persoeiros que os protagonizaron xa sómente quedan na retina pechada dos seus protagonistas. Supoño que chegado aquí, aqueles que lean de cando en vez o meu blog estarán un pouco perdidos porque sempre que escribín algo foi sobre A Pontenova ou persoas da Pontenova. Algún pensará que isto podería ser un homenaxe a Blanco Amor que fai en decembro 30 anos que finou, ou unha lembranza de “A Esmorga” que fai en outubro 50 anos que se publicou por primeira vez. Eu non pretendo tanto pero se alguén o entende así, sexa pois esa homenaxe. O conto vai de tabernas ou tendas da Pontenova, non de calquera taberna ou calq