Un pouco de "CONFORTO"



Anque co novo cura non vou poder presumir de imparcialidade, estou totalmente convencido de que Carlos Miranda vai decir a Misa de frente. Do que tampouco me cabe dúbida é de que que ate o de agora a xerarquía eclesiástica, moi ben secundada polos "responsables" da Xunta de Galicia, estaba practicando con todas as consecuencias a "liturxia tridentina".

A liturxia e os cánones do longo Concilio de Trento (18 anos durou) caracterizaron ata agora a actitude da curía, actuando de costas aos feligreses e cunha linguaxe inintelixible para o vulgo. A liguaxe do bispado non se entende, non porque estea no latín tridentino senón porque hai que buscala no periódico, en frases inconexas, como con indirectas que obrigan a seguir lendo entre liñas.

Ate o de agora o único que parece claro é que polo menos dende o Bispado xa son conscientes do "problema" e empezan a "dar pasos". O primeiro nomear a Carlos Miranda para a Parroquia de Conforto. Se cadra lles esqueceron outras oito parroquias da Pontenova que pediron a marcha do cura. Haberá que esperar.

De pouco vai servir esta confusa "fumata branca" si aparece o Vicario dicindo que aínda non se sabe si o nomeamento é definitivo. Mal empezamos a darlle solución ao "problema".  Esto pode ser unha especie de "esperar a que escampe" ou un "alonxarse da tormente o máis posible", que tan ben practica o Presidente Rajoy.  Esta non vai ser unha boa estratexia, seguramente será unha tomadura de pelo para os veciños de Conforto si o nomeamento de Carlos Miranda non se consolida.

Carlos ven a Conforto como o "pacificador" enviado polo Bispado. Por sorte para él e para os veciños non hai nada que pacificar. É suficente que haxa transparencia no trato e que se diga a verdade. De todo eso xa deixou hoxe unhas cantas mostras, como él dixo, "veño para buscar o conforto" ca dificultade engadida de "ser profeta na terra propia". Do interés dos veciños en colaborar tampouco lle debeu quedar dúbida a Carlos cando atopou unha igrexa chea de feligreses que participaron na liturxia con respecto absoluto e lle mostraron de xeito expontáneo o seu agarimo.

O que non pode durar moito é a dúbida sobre a autenticidade da talla da Santa. Cando esa dúbida se aclare, sexa cal sexa o resultado do dictame técnico, deben esixirse responsabilidades aos curas que, con boa ou mala fe, quen sabe, pero dando as costas aos veciños, tomaron a decisión de "actuar" sobre a talla, desaparecéndoa ou transfigurándoa, a estas alturas o mesmo da. 

A mesma intelixencia que demostrou o Bispo para mandar a Conforto a Carlos Miranda, "provisionalmente", a "comer este marrón" ao tempo que os de Ribadeo, Sante, ..., deberá tela para recoller os "pinceliños" e outros instrumentos de traballar a pedra e poñelos para facer manualidades no entorno do Pazo Episcopal, por aquelo de "matar o verme". 

Seguramente na tenda de Lara ou en Dekor-Eo na Pontenova, hai figuriñas axeitadas sobre as que facer "intervencións básicas" para "desfacerlles os rotos" e deixalas "bonitiñas". Non vai haber problema cos autores das figuriñas, os chinos non van decir nada por si acaso lles volve Rajoy a "dar o coñazo" cas súas leccións de economía.

O dito, misando de frente e nun idioma que entendamos todos vai ser moito máis sinxelo entenderse. O de "ler entre liñas" está resultando agotador.


Comentarios

Publicacións populares deste blog

VOTAR COMO ANIMAIS

INDEFINICIÓN E DESLEIXO NA FORMA DE FACER POLÍTICA

O que a "verdade" esconde