Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Agosto, 2018

Desmantelamento programado do rural

Imaxe
A operación bikini chegou á prensa escrita como tódolos veráns para amosarnos un “estilizado” contido nos diarios. A festa a esgalla, os baixa como poidas, as carreiras de rolos de herba , o lanzamento de eixado, as festas de época , das carrilanas, da carne ó Caldeiro , do polbo, do farragullo e outras comerolas varias,  a festa da malla ou da meda, e ata unha manchea de matatempos enchen as follas dos diarios ou, se cadra, as valeiran, segundo quen os lea. Nada mellor que, ensartada nesta voráxine vacacional e lúdico festiva, na que o postureo enche de cores diversos a crónica política, se nos cole o que de verdade importa,  disolto neste empalago de horchata festiva. Agosto sempre foi un bo mes para a mallega e para que as novas non teñan “eco”. El Progreso do 19 de agosto de 2018 pode lerse nun “pis-pas” deixándose levar, sen máis, ata a contraportada onde, como ven sendo habitual,  Rodrigo Cota nos convide á reflexión. Se cadra, entón, convén darlle outra volta. Ab