400.000 voltios sobre CONFORTO


Non é divina senón terrena esta ameaza, se cadra demasiado terrena. A meirande ameaza que nunca tivo Conforto é a liña de alta tensión de 400.000 voltios que vai partir en dous a parroquia. 

Bótase de menos unha contestación do calibre da que teñen os curas por cousas que son menos terrenas. Seguramente faltou conciencia do problema ou se viu como unha ameaza a longo prazo. Nesto tamén deberiamos pedir e depurar responsabilidades. No da conciencia, me refiro.

 Os camiños do Señor son inescrutables. Recoñecendo que a situación relacionada cos curas tamén é de alto voltaxe, non cabe dúbida de que existe certo paralelismo entre a actitude da xerarquìa eclesiástica e a de Red Eléctrica de España. REE practica toda a "chulería" que lle permite unha lexislación feita á medida do poder económico e político, ca mesma intensidade que a xerarquía eclesiástica practica a calada por resposta, que en realidade ten a mesma dosis de chulería. 

As portas xiratorias instaladas polos "poderes democráticos", sen ningún tipo de pudor, "crean remuiños" de tal intensidade que hai mañáns nas que despertas sobresaltado co recibo da luz e miras a factura e ves por unha cara a foto de Felipe González e por outra a de José Mª Aznar. De repente non sabes si ves presidentes de goberno ou "aburridos" conselleiros de eléctricas.

Antes lexislaron para favorecelas cando eran presidentes e agora están cobrando o favor a razón de -/+ 200.000 euros/ano por non facer nada. Xa se sabe, a inflacción afecta tamén á ética e a estética.
  

REE segue construíndo a gran velocidade a liña de alta tensión de 400.000 voltios (dicir 400 Kv parece que minimiza o problema) a pesares de que "Camín Grande" e os Concellos de Santalla de Ozcos e A Fonsagrada seguen esperando a resolución do Tribunal Supremo. Comentario aparte merece a actitude institucional do Concello da Pontenova que "inexplicablemente" se retirou do contencioso. Noutro momento haberá que falar  dese tema e se cadra esperar algunha explicación.


Coñecido e comentado foi o estudo de impacto ambiental ou avaliación medioambiental estratéxica. O nome é o de menos, o caso é que ese estudio que debería buscar o mellor trazado, dedicouse á busqueda dunha xustificación que resultase creíble para pasala por aquí aínda sendo un dos trazados máis desaconsellables. As razóns que o desaconsellaban son cada vez máis visibles e irreversibles.











Non cabe dúbida de que a ocupación  de 17 km en todo o Concello da Pontenova trouxo una manchea de euros (posiblemente máis de 3,5 millóns) pero vai deixar como terreo improductivo preto do 1% da superficie do Concello.  Esto é como unha "tormenta" de diñeiro que ven de golpe en contraposición ca "choiva miuda" da madeira que se vende pouco a pouco. A realidade é que nada se vai poder producir nesa superficie.


A monstruosidade evidente das torres que xa asoman polo medio da masa forestal vai ser moito máis evidente cando rematen de instalar os materiais que xa teñen preparados. E que dicir de cando os cables estean instalados, o bestial impacto visual xa se adiviña. Polo que respecta ao impacto sobre a saúde, nin siquiera hai división de opinións, sinxelamente naide conta con eso, todo se dobla diante do poder omnímodo das eléctricas.


Non acabei de entender nunca o de "hai unha reunión de afectados", referíndose, supoño, aos que tiveron que ceder ou lles expropiaron terreos. Aquí hai un evidente erro de apreciación do que nos vai sacar, a chorros de evidencia,  a moi curto prazo a monstruosa aparición das torres que ameazan non só a paisaxe senón tamén ao "paisanaxe". Vai afectar á economía, ao turismo, ao  medio ambiente e á saúde. 



Falta saber cal é a peaxe que REE pagou ás institucións públicas locais, provinciais e autonómicas  para que todo lle sexa tan sinxelo. Hai que lembrar que a liña Sama-Velilla que REE tivo que retirar despois de vintecinco anos de litixios, seguramente non chegaría a retirarse si dende a Deputación de León non se houbera tomado partido a favor dos opositores á liña.


É evidente que todos somos afectados, os que cobraron de REE, os que han cobrar e os que "ni fu ni fa". Os que cederon "voluntariamente" e os que foron expropiados non van ver nin máis nin menos afectada a súa saúde ou os seus negocios que os que estiveron ao marxe ata que un día ao abrir a fiestra atoparonse cunha liña de 400.000 voltios que ademais de "romper" a paisaxe erguíase como unha decoñecida e latente ameaza para a saúde. O prazo no que nos vai afectar diránnolo os futuros estudios sobre a evolución da saúde no entorno da liña que seguramente van aparecer cando moitos de nós xa "non nos afecte". Daquela formaremos parte dunha fría estadística. Polo de agora non queda máis que afirmar que "TODOS SOMOS AFECTADOS"



Para saber un pouquiño máis da liña Boimente-Pesoz:

LAT Boimente Pesoz REE presiona

Trazado Boimente-Pesoz

Ponte contra o trazado da liña Boimente-Pesoz

Propiedades rústicas e urbanas ameazadas








Comentarios

Publicacións populares deste blog

VOTAR COMO ANIMAIS

INDEFINICIÓN E DESLEIXO NA FORMA DE FACER POLÍTICA

O que a "verdade" esconde