Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Novembro, 2022

A PONTENOVA. DEUDORES CA VERDADE, A XUSTIZA E A REPARACIÓN.

Imaxe
O 20 de outubro de 2022 publicouse no BOE a Lei de Memoria Democrática na que se recoñece que “a sociedade española ten un deber de memoria cas persoas que foron perseguidas, encadeadas, torturadas e incluso perderon os seus bens e ata a propia vida na defensa da democracia e a liberdade”. “A memoria das vítimas do golpe de Estado, a Guerra de España e a ditadura franquista, o seu recoñecemento, reparación e dignificación, representan, polo tanto, un inescusable deber moral na vida política i é signo da calidade da democracia. A historia non pode construírse dende o esquecemento e o silenciamento dos vencidos”. “o réxime franquista impuxo dende os seus inicios unha poderosa política de memoria que excluía, criminalizaba, estigmatizaba e invisibilizaba radicalmente ás vítimas  vencidas tras do triunfo do golpe militar contra a República legalmente constituída”. “A lei componse de cinco títulos estruturados en torno ao protagonismo e a reparación integral das vítimas da Guerra e a Dit