Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Marzo, 2012

Propiedades rústicas e urbanas, medio ambiente e saúde en perigo pola liña Boimente-Pesoz

Ven de publicarse a lista de afectados pola liña de alta tensión Boimente Pesoz. Foi publicada no Boletín oficial da Provincia de Lugo o Luns 26 de marzo de 2012. O plazo de alegacións é de TRINTA DÍAS a contar dende a publicación. Dado que non fan mención explícita a días hábiles ou naturais, entendo que son hábiles. Pódese acceder á información dende o enlace seguinte: http://www.deputacionlugo.org/portal_localweb_ag/RecursosWeb/DOCUMENTOS/1/0_6400_1.pdf

56 TABERNAS

Imaxe
Aquelas 55 tabernas (hoxe xa levamos contadas 56 e seguiremos contando) aparecen na memoria como pequeniñas descargas eléctricas das que non sabemos a súa orixe. Seguramente os neurólogos tampouco nos poderán explicar de xeito que entendamos, moitas das preguntas que nos facemos sobre a memoria dende un punto de vista médico ou fisiolóxico. Exercitar a nosa memoria é, ademais de necesario e saudable, tamén unha obriga. Seguramente vai ser a memoria o mellor legado que lles deixemos aos nosos fillos, sobre todo vendo o que estamos a facer con este mundo. Non falo só do destrozo ecolóxico nin dos problemas económicos que nos apretan a cada un e que tamén teñen alcance global. Falo do ruinoso que é para unha sociedade non ter memoria, non recoñecerse nesa memoria ou renegar dela. Se cadra aquelas " 55 tabernas " foi unha pequeniña aportación que para min foi moi saudable http://agoraponte.blogspot.com.es/2009/08/cincuenta-e-cinco-tabernas.html As tabernas da Pontenova que foron