Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Xaneiro, 2015

90 anos da Irmandade Labrega de Conforto

Imaxe
Corría o ano 1925 ca ditadura de Primo de Rivera xa institucionalizada grazas ó inestimable apoio do monarca borbón Alfonso XIII. Ca  "comprensión" do  rei,   o  ditador  fíxose  co  poder absoluto emulando ó que Mussolini e os fascistas  estaban  a  facer  en  Italia,  tamén  co  beneplácito,  apoio  e "comprensión" doutro monarca emparentado co borbón. En fin, cousas da historia que se cadra xa se repetiron, sin nós sabelo. Resulta curioso, por decir algo, que unha das primeiras medidas do ditador Primo de Rivera fose a prohibición da bandeira e o himno catalán e a "restrición da lingua catalana ó eido privado". No fondo parece que non pasou o tempo e a "xenética" dalgúns dos que gobernan este país segue a mandar hoxendía nas decisións políticas. Non é "raro" pois que as políticas sociais daquela seguiran o modelo fascista italiano ó igual que a política represiva. Intentou o dictador Primo de Rivera montar o que cham