Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Setembro, 2014

Un pouco de "CONFORTO"

Imaxe
Anque co novo cura non vou poder presumir de imparcialidade, estou totalmente convencido de que Carlos Miranda vai decir a Misa de frente . Do que tampouco me cabe dúbida é de que que ate o de agora a xerarquía eclesiástica, moi ben secundada polos "responsables" da Xunta de Galicia, estaba practicando con todas as consecuencias a "liturxia tridentina". A liturxia e os cánones do longo Concilio de Trento (18 anos durou) caracterizaron ata agora a actitude da curía, actuando de costas aos feligreses e cunha linguaxe inintelixible para o vulgo. A liguaxe do bispado non se entende , non porque estea no latín tridentino senón porque hai que buscala no periódico, en frases inconexas, como con indirectas que obrigan a seguir lendo entre liñas. Ate o de agora o único que parece claro é que polo menos dende o Bispado xa son conscientes do "problema" e empezan a "dar pasos". O primeiro nomear a Carlos Miranda para a Parroquia de Conforto. S

CONFORTO "entre líñas"

Imaxe
Nin siquiera fixeron falta presentacións. A Santa, un pouco desubicada, polo "novo tamaño post-lifting" non se adapta ao espazo físico que sempre veu ocupando. Dende a súa santidade, divinidade ou como sexa, será difícil que entenda  tanto rebumbio. En só quince días dous "strep teese". Por sorte para algúns a Santa non di nada pero a súa cara cambiou de expresión e fala por ela. Agora aparece cun xesto de severo enfado, cas cellas máis espesas, ata parece que ten os ollos máis escuros . Se cadra son cousas miñas. Nin siquiera se presentaron nin saudaron, e non me refiro aos veciños que estaban no adro da igrexa que foron tan invisibles para a comitiva técnico eclesial como o son para o Bispo. Refírome a que se dirixiron a toda presa cara a Santa e "peritárona". Deus..., que mal soa, ata "parece pecado". Peor soa que os técnicos "independentes" se personen da man de cargos eclesiásticos e dun dos curas implicados. Os que so

400.000 voltios sobre CONFORTO

Imaxe
Non é divina senón terrena esta ameaza, se cadra demasiado terrena. A meirande ameaza que nunca tivo Conforto é a liña de alta tensión de 400.000 voltios que vai partir en dous a parroquia.  Bótase de menos unha contestación do calibre da que teñen os curas por cousas que son menos terrenas. Seguramente faltou conciencia do problema ou se viu como unha ameaza a longo prazo. Nesto tamén deberiamos pedir e depurar responsabilidades. No da conciencia, me refiro.  Os camiños do Señor son inescrutables. Recoñecendo que a situación relacionada cos curas tamén é de alto voltaxe , non cabe dúbida de que existe certo paralelismo entre a actitude da xerarquìa eclesiástica e a de Red Eléctrica de España. REE practica toda a "chulería" que lle permite unha lexislación feita á medida do poder económico e político, ca mesma intensidade que a xerarquía eclesiástica practica a calada por resposta, que en realidade ten a mesma dosis de chulería.  As portas xiratorias instaladas

Os 1.166 de CONFORTO

Imaxe
Se a Igrexa fose unha institución democrática está claro que nesta especie de "primarias" de Conforto, ganou o rexeite dos cidadáns aos dous curas. Despois do noxo soportado escoitando o tono "perdoavidas"   do Señor Rúa nunhas tan extensas  como inusuais declaracións en Radio Burela. Digo extensas porque máis de 40 minutos falando nunha radio "pública" xa son difíciles de atopar, pero máis difícil é atopar unha "noticia" da que "o periodista" só  da unha versión e parece estar "partíndose de risa". Claro que partimos de dúas premisas que se cadra non son certas:  que é unha rádio pública e que quen a conduce é un periodísta. Aparentemente non son certas ningunha das dúas premisas. Xa se sabe, entre "compadres" vale todo. Como dicía, despois do noxo e contendo aínda as arcadas de lembrar as "risiñas" do "presunto periodista" que "entrevistou" ao Sr. Rúa, a boa nova é que 1.166

Sin "rogación" en CONFORTO

Imaxe
"Para a mellor colleita, unha "Rogación" á Santa de Conforto". Ese podería ser o anuncio por palabras  para vender non se sabe si o "ritual da choiva", o da "fecundidade da terra" ou calquera outro de tradición “pagana” herdado dos antigos celtas. Non sei cando sería a última rogación pagada por algún feligrés, se cadra aínda seguen facéndose. Sen "paganos" para estes rituais non habería catolicismo. Aos “paganos” de hoxe retéñenlles no IRPF  e o que “rogan” é para que lles baixe a porcentaxe. Lembro terse anunciado nas misas de fai 40 anos que "a rogación de hoxe é por vontade da casa de ... do Vilar de Conforto e a do domingo que ven por vontade da casa de … de Soutodemogos”. Ao final da misa saiamos en procesión ao redor da igrexa coa parafernalia completa.  O que nunca preguntei é si esas casas que pagaban rogacións tiñan máis colleita que as outras. O que parece claro é que  podíanse pagar unha rogación part

Catro "retratos" de CONFORTO

Imaxe
Os periódicos e as televisións veñen ofrecendo fotografías e imaxes de Conforto o suficentemente elocuentes como para que cadaquén consiga ter unha perspectiva máis ou menos clara do que alí acontece. Nas fotos fixas ou nas películas que nos amosan non todo é "grau" nin todo o grau é bo. Nesta época de mallas convén dar ao veo da limpadora para que corra o aire e se vaian o po e as arganas e vaia quedando o trigo.  Lembro cando Indalecio do Alvarez de Soutodemogos viña ca súa limpiadora, xa no outono,  para darlle outra volta ao trigo, sempre me sorprendeu que daquel trigo que parecía tan limpo aínda saíse tanta suciedade. Ata que viña Indalecio non se moía o trigo porque non valía para a fornada, o "trigo cego" manchaba a moenda. Hoxe non teño fotografías novas de Conforto, seguro que por ahí hai infinidade delas en móbiles con moitos pixeles nos petos dos que visitan o santuario. Hoxe interésanme os retratos. Nestes días, as palabras, as actitudes

No camiño do CONFORTO

Imaxe
De sempre,  nas igrexas represéntanse autos sacramentais ou dramas sacro-líricos. Venme á memoria o ben coñecido do misterio de Elche onde un rapaz que fai de anxo baixa metido nunha bola que se abre e queda colgado mentras “canta”. Neste caso non se trata nin de “bolas” nin de colgar ou descolgar a ninguén, pero como os "actores" “cantaron desafinando” en vez de aplausos houbo asubios.   En Conforto asistimos o venres pasado a un drama relixioso para os moi crentes que agora teñen unha Santa se cadra máis morena, ata parece que puxo rimmel. Non hai dúbida que as “vacacións en Pontevedra” devolvérona moi cambiada. Posiblemente sexa a roupa, non é o mesmo o vestir de festa que vestir “casual”, seguro que por eso parece máis baixa. Xa se sabe, hai roupa que “pide zapato baixo”. En fin, unha auténtica comedia do absurdo.   En calqueira caso parece que 528 “expectadores” xa asinaron para demostrar que aquelo tamén poido ser un ensaio de Fuenteovejuna, todos a unha. F