Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Febreiro, 2024

Como funciona a Galicia que FUNCIONA ¿..?

Imaxe
  No 2019 publiquei no meu blog "A Santa substituta (Non hai conforto)" . Catro anos despois, en vez de mellorar, a situación está ainda peor, porén parece que FUNCIONA. Segundo o que pasou o 18F como lles gusta chamarlle ós nosos políticos.   O grave do asunto é que no ano 1985 xa escribín no "Gouño" un "trapo" (aínda non se inventaran os "chios" de X -twiter antes-) denunciando a situación sanitaria da Pontenova e, anque os motivos son distintos, a situación segue xenerando tanto malestar cidadán como fai 40 anos.   O malestar cidadán hai que demostralo ao NOSO SISTEMA SANITARIO presentando reclamacións no Centro de Saúde por cada incidencia que teñamos persoalmente. Nesta semana tiven que presentar dúas reclamacións, unha pola desatención manifesta a un paciente e outra porque hoxe non estaba ningún dos médicos titulares e viña un substituto para unhas escasas 4 horas e resultaba imposible atender o que eu consideraba unha urxencia. Anque a m

MAÑÁ TOCA VOTAR CON ...XEITO

Imaxe
Mañá toca votar e aínda non puiden contrastar os “programas” dos partidos que se presentan. Algúns parece que non o teñen porque de Galicia falaron máis ben pouco. Abrín os sobres que mandaron e vexo que o “programa” non ven co resto dos papeis. Como a estas horas xa non me da tempo a buscar eses programas, cando menos vou ler as cartas que mandan e ver por onde vai cadaquén. Non quero votar como un animal. Dime Rueda na súa carta que “A economía galega vende ao estranxeiro o dobre que antes” pero non me aclara canto é iso en diñeiro, canto nos deixa en Galicia en postos de traballo, en riqueza ou en impostos; tampouco me explica o peso que nesas exportación ten a produción eléctrica eólica que está inzando Galicia e que produce beneficios a empresas con domicilio fiscal en Madrid. Dime seguidamente que “seremos os primeiros en ter universidade gratuíta tamén”, pero non se lembra das veces que dixo non a esta proposta feita dende a oposición nin de que unha das primeiras medidas do PP