Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Xullo, 2013

BADALADAS EN TARAMUNDI

Imaxe
Hai días do verán en que no val do Eo, sen necesidade dunha capacidade olfativa extraordinaria, nótase ese cheiro a “repolo podre” que caracteriza os lugares onde hai instaladas fábricas de celulosa. O cheiro, por esas cousas extranas da meteoroloxía, percorre dende a costa de Ribadeo todo o val do Eo, ata chegar á Pontenova. Se cadra habería que sentir ledicia de que sexa pouco e poucos días. Nunca tiven moi claro eso dende que coñecín Navia  no seu día a día. Nos días de verán en que o recendo do Chao de Soutodemogos era nos amenceres a herba recén segada e nos mediodías a herba seca, seguramente porque o monte das Redondas non deixaba pasar aquelas brisas do Eo que transportaban outros cheiros do nordés. Neses días claros  sempre me chamou a atención o preto que se escoitaba a campá da igrexa de San Martiño de Taramundi . Todo hai que dicilo cando abría a fiestra, seguramente co sol xa ben erguido, unha das cousas que primeiro vía era o campanario da igrexa de Taramundi. Eu pen