QUÉN VAI...?
“Gustaríalle poder recordar todo canto fixera o día que recibiu a primeira carta, pero xa había tantos anos que se lle escapaban moitísimos detalles. Tampouco tiña agora tanta importancia aquilo, Nada do de atrás era mudable. O xa pasado iría con él para sempre, acertos e erros formaban un todo indivisible que se chamaba pasado inamovible” (“O cumpremortes”, relato do libro de Xavier P. Docampo “Cando petan na porta pola noite”) “Tal día coma hoxe fai ... anos que ...”, cada 15 de setembro, nas sobremesas da festa das Dolores en Viloudriz, na casa de Veiguiña ou na casa da Tía Pura, esta frase martelaba nos meus pensamentos de neno. Primeiro era como un relato de medo que non sabía si quería ouvir, porén escoitaba cos ollos ben abertos como pensando que así ouvía mellor. Nos anos seguintes funme interesando polos detalles. Lembro a miña nai poñendo a man na miña cabeza de neno en tanto meu pai entraba timidamente no relato dos detalles que eu agardaba. Cando xa axudaba a meu...