Sin "rogación" en CONFORTO



"Para a mellor colleita, unha "Rogación" á Santa de Conforto". Ese podería ser o anuncio por palabras  para vender non se sabe si o "ritual da choiva", o da "fecundidade da terra" ou calquera outro de tradición “pagana” herdado dos antigos celtas.

Non sei cando sería a última rogación pagada por algún feligrés, se cadra aínda seguen facéndose. Sen "paganos" para estes rituais non habería catolicismo. Aos “paganos” de hoxe retéñenlles no IRPF  e o que “rogan” é para que lles baixe a porcentaxe.

Lembro terse anunciado nas misas de fai 40 anos que "a rogación de hoxe é por vontade da casa de ... do Vilar de Conforto e a do domingo que ven por vontade da casa de … de Soutodemogos”. Ao final da misa saiamos en procesión ao redor da igrexa coa parafernalia completa. 

O que nunca preguntei é si esas casas que pagaban rogacións tiñan máis colleita que as outras. O que parece claro é que  podíanse pagar unha rogación particular, algo así como un “ritual VIP” a maiores da misa “común”, reservado aos que podían pagalo. Pode que a súa fe cega os levase a privarse de cousas fundamentais para poder facer a “rogación”. Cousas do fundamentalismo sin fundamento.


Hoxe, día da celebración da patrona do Santuario, non hai “rogación”. Non faltaría quen pagase por que a houbese pero os veciños din que “este ano non imos sacar unha Santa que non sabemos se é a nosa, …naide lembra que tivera un neno”. 

Nesto de aparecer e desaparecer nenos a igrexa ten moita experiencia, senón que o pregunten a Sor María Gómez da congregación  “Hijas de la Caridad”.


Nos anos vinte ou antes, o día da patrona houbo rogación e o neno xa faltaba. A “recente restauración” da que falaba Don Antonio Rúa, polo visto non o foi tanto; tan recente me refiro.

Xa se sabe que os calendarios non sempre din a verdade. Así como os chinos deben andar polo ano 4710, ano arriba ou abaixo, os árabes non pasan de mitade do século XV. No gregoriano imos polo 2014. Por moito que pretendan algúns tratar como recentes as mutilacións da Santa feitas no século XVII,  xa pasa dos 300 anos.

Esto do tempo é tan relativo…. O 16 deste mes de setembro xa vai facer 516 anos que morreu Don Tomás de Torquemada e aínda parece que anda entre nós. Hai cousas para as que non pasan os anos.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

VOTAR COMO ANIMAIS

INDEFINICIÓN E DESLEIXO NA FORMA DE FACER POLÍTICA

O que a "verdade" esconde