Publicacións

A Seimeira. Na Pontenova un roteiro a muiños con historia

Imaxe
Vilarxubín é o final desta ruta que cando esté rematada de señalizar e limpar mellorará aínda máis a das Reigadas que pasará a ter un desvío rico en natureza e historia. Pasados os muiños da Seimeira agardábanos unha travesía difícil que fomos salvando polo medio dun chan complicado e unha vexetación de cualidades pouco comúns. Cando chegamos ós muiños da Seimeira un ten a sensación de que gardan historias descoñecidas. Algunhas serán de troula e outras de amargura pero son boas testemuñas que é preciso cuidar e conservar. O noso guía Eliseo, púxonos dificil seguir o seu ritmo a pesares de que estreabamos botas de Gore Tex. Xa me dixera Manolo da Ermida que as botas non o eran todo e non me engañou nin neso nin nas súas cualidades. A técnica de Metacortex toma boa nota dos puntos de referencia, das arbres, das prantas e os animais que atopa no camiño para facer un panel informativo para a ruta. A seimeira levaba avisándonos da súa presencia dende había un bo rato. A auga no medi...

María Luz Loureiro García, Premio Galicia de Investigación 2006, primeira muller que lé o pregòn na Pontenova

Imaxe
Unha profesora da Universidade de Santiago será a primeira muller que lé o pregón das Feiras de Outubro da Pontenova. María Luz Loureiro García que naceu no Lugar de Vilarmide do Concello da Pontenova, é licenciada en Ciencias Económicas pola Universidade de Santiago (1995), ten un Máster en economía agraria e medioambiental e obtivo o Doutorado na Universidade de Washington no ano 2000 coa tese “Collective reputatión & labeling”. Foi profesora na Universidade de Colorado entre os anos 2000 e 2003, realizou ademais unha estadía como profesora visitante na Universidade Carlos III de Madrid e posteriormente foi nomeada investigadora titular no Instituto Noruego de Investigacións Agrarias , en Oslo. No ano 2004 retornou a Galicia cun contrato de investigación Ramón y Cajal e na Actualidade traballa no Instituto Universitario de Desenvolvemento Económico de Galicia da Universidade de Santiago de Compostela. Ten publicado numerosos artigos sobre os recursos agrarios, abordando tema...

A Ruta da Fraga das Reigadas será mellorada

Imaxe
A Ruta de sendeirismo máis importante do Concello da Pontenova vai ser mellorada e sinalizada debidamente. Dentro do Proxecto Rede Natura 2000 vanse realizar unha serie de melloras para retomar o trazado orixinal que segue os cauces fluviais e así evitar que vaia por pistas asfaltadas que nada aportan a unha ruta tan espectacular como desaproveitada. Coa instalación de paneis informativos e nova sinalización vertical iniciarase unha actuación que continuará ca promoción da ruta por distintas canles. O pasado venres 21 de setembro o Concelleiro de Turismo e Promoción Económica, Ramón Barrera, e o de Cultura José Manuel Álvarez Veiga acompañados por un técnico percorreron a Ruta dende Barreiros ata a Ermida de Vilaboa co fin de tomar referencias con GPS e recoller información sobor da flora e fauna existente. O obxectivo final desta camiñata de traballo é facer o primeiro mapa do roteiro con datos sobor de distancias, altitudes, lugares, flora e fauna que os camiñantes poden ...

O PP da Pontenova equivócase en 53.000 euros (uns 9.000.000 de pts) ¿Pedirá perdón?

Imaxe
O alcalde de A Pontenova, Darío Campos, respondeu onte ás críticas da oposición municipal con respecto á posible perda dunha subvención da UE destinada á Escola de Música, que Jorge García cifrou en 200 000 €. Campos afirmou que o portavoz do PP "segue tratando de confundir á xente con mentiras e falsedades", e explicou que "se o proxecto non saiu adiante de momento foi precisamente por culpa do anterior goberno, do que formaba parte o señor García; convocou dous concursos que houbo que declarar desertos, xa que ningún constructor se quixo facer cargo da obra pola escasa dotación económica reservada para facela". Aclarou, ademais, que a subvención é, en realidade, de 147 000 €. Campos engadiu que "os datos están a disposición de tódolos veciños no Concello", e sostivo que "esta é unha hipoteca máis do goberno do Partido Popular, unha de tantas; é ridículo que nos acusen de xestión defectuosa, porque a nosa xestión neste asunto, en todo caso, comeza ag...

ter unha liorta xudicial cos veciños de Goios foi o único mérito que ate o de agora conseguiu a xestión que fixo o PP no Polígono da Pontenova.

Imaxe
Texto íntegro da nota de prensa que o PSdeG-PSOE da Pontenova remitiu ós medios de comunicación e que aínda non tivo eco. NOTA DE PRENSA DO PSdeG-PSOE DA PONTENOVA SOBOR DA SITUACIÓN DO POLÍGONO INDUSTRIAL. 03/09/2007 Descoñecemos os motivos dista teima do voceiro do PP na Pontenova por darlle voltas ó pasado pero, anque nós sempre dixemos que iamos mirar adiante, non nos queda máis remedio que dedicar parte do noso tempo en contestar ás medias verdades das que tanto gusta o PP da Pontenova, ademais de arranxar as numerosas desfeitas de todo tipo que herdamos. Lendo as declaracións do voceiro popular chegamos á conclusión de que segue sen enterarse do que pasa co Polígono Industrial. Esta mesma situación dábase cando gobernaban no Concello, onde dende a comodidade da ignorancia apoiaron verdadeiros despropósitos sen mover un dedo para non incomodar ó “xefe”. Coido que é hora de que os veciños saiban o que se fixo, se está a facer e para que se fai co polígono industrial da Pontenova; é...

O PRESIDENTE DA DEPUTACION NA PONTENOVA

Imaxe
Este é o texto íntegro da nota de prensa remitida ós medios de comunicación polo PSOE da Pontenova: COMUNICADO DO GRUPO MUNICIPAL DO PSdeG-PSOE NO CONCELLO DA PONTENOVA luns, 3 de setembro de 2007 O Presidente da Deputación Provincial de Lugo José Ramón Gómez Besteiro e a Vicepresidenta Lara Méndez visitaron A Pontenova o pasado fin de semana. Esta visita é a primeira toma de contacto do novo Presidente da Deputación cos novos responsables municipais para interesarse polos proxectos que pretende sacar adiante o grupo Socialista encabezado polo Alcalde Darío Campos. Despois de ter unha longa entrevista co Alcalde no Concello onde puxeron en común as súas ideas con respecto ós novos proxectos da Deputación, especialmente no que se refire ó noso Concello; o Presidente da Deputación visitou a Praza dos Fornos e o río Eo e o seu entorno acompañados polo Primeiro Tenente de Alcalde José Manuel Álvarez Veiga e o Concelleiro de Obras e Urbanismo Francisco Martínez Bermúdez. O Presidente manife...

Diaz Villamil na memoria

Anque os que agora temos preto de 40 anos non podemos ter na memoria por mor da idade a persoeiros coma Díaz Villamil, Gándara ou Torviso, entre outros; algúns sentímonos obrigados moralmente a recuperar para a memoria de todos a nosa historia. A orixe da Pontenova ten unha historia que á maioría de nós parécenos imposible dado o esquecemento intencionado no que foi sumida. Paréceme polo tanto de xustiza recuperar a memoria para ver o presente e o futuro cunha perspectiva transparente, ética e moralmente axeitada. Cando coñecín a Manuel Sarille persoalmente, tratando de tirar luz sobor da figura de "Pepe do Cerdeiral" sobre a familia dos de Aragón do Cerdeiral, impactoume a súa forma de afrontar a memoria despois do seu sufrimento persoal. Colaborar con él na medida do que eu podía naquel intre era unha grande honra; hoxe dende outra perspectiva como Concelleiro con responsabilidades de goberno na Pontenova, pareceme que ademais de unha honra é unha obriga. Estes días poiden ...