A MEMORIA INDIGNA - A MEMORIA Á INTEMPERIE
A memoria histórica democrática da Pontenova permaneceu sempre á intemperie. As inclemencias dos tempos “políticos”, por chamarlles dalgún xeito, foron erosionando a verdade, eludindo a xustiza para evitar a reparación a todos aqueles que non foran os vencedores da Guerra Civil ou o seu entorno. Como no resto de Galicia e de España, só houbo xustiza para os “gañadores”. Os vencedores, “administrando” a súa vitoria, apropiáronse do relato e impuxérono no sistema educativo, na conversa pública e na memoria colectiva actual. Conseguiron impoñer os seus símbolos, naturalizar a infamia e excluír da historia a todos aqueles veciños que perderon a vida precisamente por loitar pola legalidade, a liberdade e a democracia. Uns foron xulgados por “rebeldes” e outros por auxilio á rebelión. Asasinados, encadeados, represaliados ou exiliados en nome da “patria” e de “Cristo rei”. Os que defendían a legalidade fronte ós golpistas constan nos expedientes xudiciais como “xulgados” e “axusticiados...
Comentarios
Graciñas e un abrazo d'un paisán fora da terra.
Lught.
O primeiro tramo que empeza en Sanxés discurre por antigos camiños e "carrieiras" moi fáciles de andar. Cando xa nos achegamos á Seimeira pode haber un pouco de dificultade porque hai que pasar por un carreiro estreito onde o perigo pode estar en esbarar si está o chan mollado.
Todo o traxecto está limpo de maleza ata os muiños e por agora habería que voltar ó punto de partida en Sanxés aínda que, como dicía ó principio, dende o Concello pretendemos continuala ata Paradela pasando por Vilarxubín.
Na Seimeira existe a posibilidade de baixar ata o punto máis baixo da caida da auga pero a difucultade pode ser alta e o traxecto perigoso ó tratarse de un terreo inestable formado por pedras soltas que anque están cubertas con folla e mofo que lle dan un aspecto compacto, móvense con moita facilidade ó pisalas. Coido que este tramo que é un desvío da ruta somentes o deben facer persoas que teñan costume de andar por este tipo de terreos; neste tramo eu persoalmente calificaría a difucultade de alta.
O tempo de ida e volta pode ser de unhas duas horas e a dificultade baixa ou media, agás o tramo do que falei antes.
Somentes está sinalizada a entrada e nun par de sitios máis con sinais non estandarizadas. Nos vindeiros días sinalizaremos o tramo xa limpo e trataremos de rematar a ruta.
Benvido a este caderno de notas e gracias por dedicarlle parte do teu tempo.
Saúdos.
Carlos Xesús Varela Aenlle
En canto ao de dicir cascada ou fervenza da Seimeira é como dicir a ponte da Pontenova. A Seimeira úsase na zona máis como topónimo que no seu uso común.