Non hai "CONFORTO"


Resulta difícil de entender como unha "torpeza" de dous curas o ocurrido en Conforto. Se cadra habería que pensar na soberbia do delincuente que pensa que nunca o van a coller porque leva moito tempo facendo o mesmo. Pero que naide me entenda mal, non estou calificando a naide de delincuente, só digo que as persoas que delinquen non avisan antes pero si dan explicacións ainda que naide lle las teña pedido expresamente.
Digo esto porque a reportaxe fotográfica que os curas prepararon a conciencia e con antelación  para pechar bocas no "mitin" que se barruntaba no Santuario de Conforto, non deixa de ser unha explicación que naide pedira ainda. Un pensa naquelo de que "excusatio non petita, acusatio manifiesta". Apetéceme dicilo así porque tratamos con curas e "saben latín" como todo o mundo sabe. 


Dous curas que xa no seu exercicio diario teñen que pelexar contra unha, seguramente ben merecida, impopularidade e "mala fama", facendo un temerario alarde de prepotencia, cruzaron Galicia viaxando furtivamente cunha talla do século XV co suposto fin de "curar" a imaxe de mutilacións que o anterior párroco Don Manuel García Paje datou xa no século XVII.
"A nosa era máis guapa". Calquera convence agora aos devotos da Santiña de que non lle la cambiaron. Dende logo non hai naide vivo que lembre a Santa espida. Ata hoxe eu tampouco. 
Recoñezo que este "strep teese" católico, apostólico e romano, e refírome so ao da Santa, se me fixo moi violento. Bastante máis violento que o feito de que unha devota lle sacudise a solapa a un dos curas e supostamente lle arrincase un botón da camisa. Ela só quería saber onde andaba a cadea e o medallón de ouro que levaba anos colgado no "habito" da Santa. Por sorte o cura non levaba alzacuellos nin cuello duro, co cal se evitaron "males maiores". Sempre me pareceron moi perigosas tanto os alzacuellos como as sotanas.



A pesares de que a convocatoria naceu expontáneamente en menos de 24 horas, os veciños respostaron masivamente. Parroquianos e foráneos berraron non sin rábia, pero sí con mesura e sen violencia,  para demostrar que o Santuario ten quen mire por él. Ao fin e ao cabo todo o que hai nel saíu das doazóns dos parroquianos e devotos ao longo da historia, polo tanto calqueira violencia que se puidera producir habería que entendela "en defensa propia".

Tanta forza terá que ser dosificada e conducida para que esta empresa non quede nun tirón de orellas. Bo sería buscarlles parroquia lonxe e aproveitar para pedir perdón aos de "lonxe". En tanto, vexo difícil que tanta desconfianza, sexa boa para celebrar a patrona ou para a convivencia diaria. Xa non digo para a oración ou para a confesión que supoño que serán imposibles con calqueira destes curas.
Se esto non se aclara non vai haber "Conforto" para os devotos.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

VOTAR COMO ANIMAIS

INDEFINICIÓN E DESLEIXO NA FORMA DE FACER POLÍTICA

O que a "verdade" esconde