Que vaian ó "fisio"
Mentras o clero se entregaba á folganza e a boa vida, deixando de lado as súas obrigas cos feligreses das súas parroquias, sin celebrar misa nin catecismo, sesteando, se cadra ca coartada do "estorbo" dunha pancarta, un grupo de persoas pacíficas viñeron á porta da Igrexa a lembrarlles ós curas que a solución dos problemas non se pode someter ós tempos litúrxicos. A maioría non sabemos si estamos en tempo de Pascua, de Advento ou Coresma. Só sabemos que é tempo de solucións, como se di agora, "proactivas". En "cristiano", que non se trata de esperar a que escampe, hai que tomar decisións e facelas visibles. Nombrar un párroco sin nombralo, cesar outro sin cesalo é o máis parecido a non facer nada. No dos danos á talla do século XV imos esperar a que a "xustiza" diga algo e a que a lei se aplique ca mesma contundencia que se aplica ós "roubagaliñas". Teño que recoñecer que Rajoy, nesto de quedarse quieto, no de esperar a qu...