Publicacións

Ya está bien de callarnos

Imaxe
Hace unos cuantos años, gobernaba entonces el PP comandado por un José María Aznar pletórico, la banca en general estaba inmersa en proyectos de crecimiento, de nuevas estrategias y de expansión. Se estaba preparando la mezcla jabonosa y resbaladiza en la que se mojó el instrumento “ad hoc” para crear la burbuja inmobiliaria. Era una burbuja que se mantuvo consistente hasta que las cajas comandadas por políticos de todo color y signo la fueron llenando de gas explosivo de diversa procedencia y nombre (financiación 110%, tasadoras propias, etc). Soplando soplando la brillante burbuja estalló en nuestras narices y dejó un suelo resbaladizo y peligroso sobre el que seguimos patinando sin control, sin casco, sin coderas y sin rodilleras.  Los técnicos, jefes de administración y directores de oficinas bancarias asistiamos  con cierta asiduidad a cursos de gestión comercial, formación de equipos, liderazgo, estrategias, etc. En general útiles y relativamente aprovechables si p...

CON FUSIÓN. 50 ANOS

“Así lo dispongo por el presente Decreto, dado en Madrid a veinticuatro de julio de mil novecientos sesenta y tres”. Este é o remate do decreto de fusión dos concellos de “Puente Nuevo y Villaodrid”. Non tería nada de especial se non fose que firma Don Francisco Franco e o Ministro de Gobernación Don Camilo Alonso Vega. Hoxe, 49 anos despois, podemos especular acerca dos motivos que levaron aos dous concellos á fusión. Tamén sobre os posibles paralelismos coas motivacións que poden ter hoxe outros concellos para decidir fusionarse. Este exercicio non debe facernos perder de vista que daquela os concellos non decidían nin pedían fusionarse. A fusión viña ditada pola “autoridade competente”, por moito que se vestise con actas de plenos e decisións de órganos colexiados. Puente Nuevo e Villaodrid non se fusionaron, fusionáronos por decreto. Ca fusión púxose fin ás numerosas liortas de veciñanza entre dous concellos condenados ao entendemento. Seguramente sexa máis útil poñer o...

PONTE CONTRA O TRAZADO DA LIÑA BOIMENTE-PESOZ

Santa Eulalia de Oscos ,  A Pontenova e Fonsagrada  teñen presentado un contencioso contra o trazado da liña, a asociación  Camín Grande  vai presentalo.  Veciños de todos os concellos polos que pasa a liña que ven afectados  terreos da súa propiedade e aqueles que sin ser afectados nas súas propiedades se sintan prexudicados ou ameazados polos posibles efectos nocivos para a saúde sobre os que hai moitas  opinións , ou os que vexan prexudicados os seus negocios de turismo rural, a súa afición á caza, ao sendeirismo, a pesca, etc, as súas explotacións gandeiras ou forestais, todos en xeral poden e deben presentar alegacións específicas sobre o tema particular que lles preocupa e tamén poden pedir un escrito de  alegacións  tipo elaborado polos asesores xurídicos e técnicos de Camín Grande. Para obter información sobre o estudo de impacto ambiental pódese consultar o  BOE do 21/12/2010  e os seus erros de bulto e as manifestas...

Propiedades rústicas e urbanas, medio ambiente e saúde en perigo pola liña Boimente-Pesoz

Ven de publicarse a lista de afectados pola liña de alta tensión Boimente Pesoz. Foi publicada no Boletín oficial da Provincia de Lugo o Luns 26 de marzo de 2012. O plazo de alegacións é de TRINTA DÍAS a contar dende a publicación. Dado que non fan mención explícita a días hábiles ou naturais, entendo que son hábiles. Pódese acceder á información dende o enlace seguinte: http://www.deputacionlugo.org/portal_localweb_ag/RecursosWeb/DOCUMENTOS/1/0_6400_1.pdf

56 TABERNAS

Imaxe
Aquelas 55 tabernas (hoxe xa levamos contadas 56 e seguiremos contando) aparecen na memoria como pequeniñas descargas eléctricas das que non sabemos a súa orixe. Seguramente os neurólogos tampouco nos poderán explicar de xeito que entendamos, moitas das preguntas que nos facemos sobre a memoria dende un punto de vista médico ou fisiolóxico. Exercitar a nosa memoria é, ademais de necesario e saudable, tamén unha obriga. Seguramente vai ser a memoria o mellor legado que lles deixemos aos nosos fillos, sobre todo vendo o que estamos a facer con este mundo. Non falo só do destrozo ecolóxico nin dos problemas económicos que nos apretan a cada un e que tamén teñen alcance global. Falo do ruinoso que é para unha sociedade non ter memoria, non recoñecerse nesa memoria ou renegar dela. Se cadra aquelas " 55 tabernas " foi unha pequeniña aportación que para min foi moi saudable http://agoraponte.blogspot.com.es/2009/08/cincuenta-e-cinco-tabernas.html As tabernas da Pontenova que foron...

Garzón e os cidadáns da Pontenova

Hai máis nacidos na Pontenova (Vilameá ou Vilaoudriz entón) ou residentes naquelas datas que irei incorporando a medida que teña datos. Foron 75 longos anos sin xustiza aos que hai que engadir aora a inxustiza de linchar a Garzón, a ùltima víctima do franquismo. http://www.publico.es/especial/memoria-publica/ficha/168711/angel-perez-gandaras http://www.publico.es/especial/memoria-publica/ficha/168709/jose-maria-torviso-bermudez Nas polavilas de Neipín, Cerdeiral, Sanxés, Vilarxuane, Soutodemogos, Bogo,... comentábase en voz baixa como as vacas da familia dos "fugados" eran requisadas polos falanxistas que ostentaban no máis amplo sentido da palabra o poder. Aquelas viuvas de vivos, de escondidos, de fugados, desertores,... quedaban sin o sustento dos seus fillos porque o seu home era un perseguido. As noites pasaban ao redor do lume cos veciños, as nais, os fillos e familiares, as veces tamén os fugados que tiñan o seu zulo na propia casa cos ouvidos postos para que diant...

IDIOTA

Sonaron cantos de sereas, que eran só iso. Cantos de serea sobre os “métodos” cos que o Rexistrador da Propiedade nos sacará da crise; e non fun capaz de entender nada, seguramente porque eu pensaba que os rexistradores da propiedade son esa parte da economía que resulta absolutamente improdutiva. ¿Necesarios? Tal e como está estruturada esta sociedade, seguramente si, pero tamén perfectamente prescindibles, substituíbles e algúns ...ibles máis. Non entendo cales son os elementos de confianza que pode ofrecer á sociedade española un rexistrador da propiedade que pertence a un colectivo (exercera ou non) que sacou os seus ingresos máis altos en plena burbulla inmobiliaria. Moita compra-venta de vivendas, terreos, hipotecas ao promotor, cancelacións, novacións, notas simples, certificacións rexistrais, inscrición de obra nova en construción para obter a hipoteca promotor, declaración de obra nova e división horizontal, agregación e segregación de fincas son a materia prima dun negocio...