Publicacións

"El griterío"

Imaxe
" Os amigos sensatos, aos que coma min asusta o griterío, soen loubarme o gusto por estar parte do ano fora, lonxe desa tendencia tan nosa de converter en exabrupto calquera debate . Por sorte e por desgraza , a lonxanía xa non é o que era. Un xa non se vai á maneira machadiana, espido de equipaxe, senón que leva ás costas todo o griterío, metido no ordenador do diaño. E que conste que me levo moi ben co aparello: permíteme trasladar a miña profesión debaixo do brazo e creoume vencellos de amizade con persoas ás que doutra maneira non coñecería. Son asíduo visitante de blogs literarios, humorísticos, políticos, e comparto bromas cun círculo de ciberamigos aos que teño nun altar. Vivir fora permitiume comprobar que a realidade a través do ordenador chega tremendamente distorsionada, porque o que máis rápido viaxa é, sen dúbida, o griterío, tan casposo e agresivo, encontrou no ciberespacio o su elemento . O griterío maniféstase en revistas dixitais, pero tamén en forma de libelo cib...

Cámbioche esta parroquia miña por aquela túa.

Fai uns anos estabamos a cambiar cromos de Reina (padre) ou de Sanchís (padre), parécenos que pasou moito tempo. Agora non hai afición aos cromos e os nosos fillos cambian iconos, fotos, animacións polo messenger, teñen un blog, están no facebook, no tuenti ou algo así. No século XIII eran os bispos os que trocaban nada menos que parroquias enteiras. O Bispo de Mondoñedo fíxose cas parroquias (ou parte delas) de Vilarmide, Vilaboa, Vilameá e Vilaoudriz trocándollas ao Abade e Convento de Meira por outras da Terra Chá. As Terras de Miranda pasaron pois a depender de Mondoñedo no ano 1263. Este documento dun arquivo particular da fe do troco. Permuta de varias iglesias entre el Obispo de Mondoñedo, D. Munio, y el Abad del Convento de Santa María de Meira, Heyméricus.- Año 1263 --------------------------------------------------------------------------------------------- 29 de Noviembre de 1263 .- El Obispo Don Munio, de Mondoñedo, con el consentimiento de Martín de Pedro, Deán, y del Cab...

CINCUENTA E CINCO TABERNAS

Imaxe
Eduardo Blanco Amor tiña a súa tertulia literaria na Taberna do Ribeiro, e dalí ben poida ter xurdido a idea da súa novela “A Esmorga” onde retratou o Ourense de entón pero tamén retratou unha boa parte dos persoeiros e feitos que vistos ou contados pode haber ou acontecer en calquera recuncho de Galicia ou do mundo mundial. Os feitos vistos ou contados na taberna do Ribeiro e os persoeiros que os protagonizaron xa sómente quedan na retina pechada dos seus protagonistas. Supoño que chegado aquí, aqueles que lean de cando en vez o meu blog estarán un pouco perdidos porque sempre que escribín algo foi sobre A Pontenova ou persoas da Pontenova. Algún pensará que isto podería ser un homenaxe a Blanco Amor que fai en decembro 30 anos que finou, ou unha lembranza de “A Esmorga” que fai en outubro 50 anos que se publicou por primeira vez. Eu non pretendo tanto pero se alguén o entende así, sexa pois esa homenaxe. O conto vai de tabernas ou tendas da Pontenova, non de calquera taberna ou calq...

Inocencio Bermúdez na Memoria

Imaxe
Ni una palabra Blas de Otero Ni una palabra brotará en mis labios que no sea verdad. Ni una sílaba, que no sea necesaria. Viví para ver el árbol de las palabras, di testimonio del hombre, hoja a hoja. Quemé las naves del viento. Destruí los sueños, planté palabras vivas. *** Inocencio Bermúdez foise igual que viviu, silenciosamente, pacíficamente, achegado á súa familia. Queda un fondo valeiro que somentes enche a lembranza de quen foi como persoa e da súa actitude fronte á vida e a prol da verdade do pasado como ferramenta de futuro. Él ensinounos o extraordinario poder da memoria, da verdade e da palabra. Quédanos a súa memoria, aquelo que nos ensinou. Quédanos a forma de brotar a súa palabra. Nin unha sílaba súa amosou nunca rencor, nin un soio acento na revancha, nin unha soia concesión á vinganza. A súa paz foi, é e será contaxiosa naqueles que tivemos a inmensa sorte de manter longas conversas sobre a súa memoria; esa memoria que se nalgún momento o desacougaba era porque non q...

400 KV

Imaxe

Cabaleiros

Imaxe
Cabaleiros, por encima de todo. Cabaleiros no amplo sentido da palabra. O úneco ruido que fixeron foi o das ferraduras dos cabalos polas rúas da Pontenova e indo e vindo de Conforto. Á hora de tomar as copas cada un é libre de ir como queira se no establecemento lle deixan, que o importante é divertirse sin facer dano a naide. Cecais dende os tempos das feiras de outubre nas que había feira de gando non se acordan tantos cabalos nun domingo na Pontenova. Un pode "pasmar" vendo ós cabalos e os cabaleiros circulando polos camiños que os levan a coñecer a Pontenova e sentir unha sana envexa deles disfrutando da fermosa cabalgada. Esperamos pasmar uns e participar na cabalgada outros en xeiras que desexamos compartir con eles noutras andainas polos nosos camiños que nos axudarán a descubrir. Gracias, Cabaleiros dos Gabeás.

A man e o ferro ¿Cal é o máis duro?

Imaxe
Percorrer o noso concello polo motivo que sexa sempre nos vai amosar algunha imaxe que, cando menos, nos sorprende. A min particularmente sorpréndeume esta man dun ferreiro da Pontenova. Que cadaquén xuzgue, a foto fala por si sola.