VOTAR COMO ANIMAIS




Rematada a campaña electoral para as eleccións municipais e aínda non vin ningún programa electoral. Seguramente é culpa miña que estou desfasado para a “política” actual e non son capaz de entender as mensaxes “encriptadas” que os candidatos nos están a mandar cas súas actitudes, o seu postureo nas redes e as súas promesas xeneralistas por non decir "vagas", no sentido amplio. Digo isto porque ningún dos 3 partidos que se presentan na Pontenova cumpriu ca saudable “tradición” de poñer negro sobre branco o que van facer nos vindeiros 4 anos para sometelo ó voto dos seus veciños.

Fai uns días lin na prensa un artigo que falaba do comportamento animal, de como votan e como toman as decisións distintas especies de animais, fundamentalmente aqueles que se moven en manada.

Estudaron un cantos mamíferos, algunhas aves e insectos. Supoño que a estas alturas xa están estudando algúns outros paxaros que van en bandadas. Mágoa que o cuco vaia por libre, gustaríame saber como decide o niño que vai “okupar”.

Convén que estuden tamén algún animal de granxa. O porco, por exemplo, e vago por natureza; o mesmo para a hixiene como para moverse, polo que será difícil saber como vota. Para ser como é o porco, non necesita esforzarse moito para acabar finalmente no cortello. E non me refiro ó “Porco de pé” de Vicente Risco que non saiu de "marrán".

Ademais quedan sen estudar os ovinos. Ovellas, carneiros e años móvense en rabaños, son teimudos e son poucos os que se “descarreiran”.

Se na manada dos búfalos, elas son as que deciden, no caso da abellas a decisión tómase polo número das que bailan do mesmo xeito. No caso dos cisnes, un deles empeza a bater ás e mover a cabeza. Se son moitos os que o seguen facendo o mesmo, encomeza o camiño e ségueno. 

Pouco podemos aprender dos suricatos, con dous xa se pode tomar a decisión por tódolos demais, que os seguen, sen cuestionar nada.

No caso das roladas de porcos e dos rabaños de ovellas, non se sabe moi ben  como votan. De calquera xeito, á vista de que non podemos votar de forma racional, baseándonos en datos, expectativas, promesas, proxectos,... Xa que logo non temos programas para comparar e valorar, teremos que votar por instinto, mesmamente como animais.

Finalmente vai ter razón Aristóteles no de que “somos animais políticos”. O que nunca pensou o grego é que nolo tomariamos “ó pe da letra”. O de ser animais, refírome.

A verdade é que en política sempre houbo animais de todo tipo. Dende o Can de Palleiro (agora raza de “pedigree” selecto), ata o cuco, pasando polo paxaro carpinteiro, o pavo real e outras aves de curral.

Non convén votar “a tontas y a locas” nin tampouco a tontos e a tolos polo tanto, antes de votar como animais, debemos reflexionar sobre do que queremos e se o que queremos se presenta. Se o votar soluciona algo ou se votar en branco é unha postura política.

En fin,... Eu chego á xornada de reflexión, obxectivamente “EN BRANCO”.


Comentarios

Canta razón tes nesta reflexión.....
José Manuel dixo…
Elecciones animales

El león falleció, ¡triste desgracia! y fueron,
por vivir en democracia,
a nombrar nuevo rey los animales.

Aunque a algunos les parezca tonto,
las ovejas votaron por el lobo;
como son unos buenos corazones,
por el gato votaron los ratones,
y a pesar de su fama de ladinas
por la zorra votaron las gallinas

La paloma, inocente, votó por la serpiente;
las moscas, nada hurañas,
decidieron que reinaran las arañas.
No tuvo el topo duda, como tampoco queja,
mientras votaba por la comadreja;
los peces, que sucumben por la boca,
entusiastas votaron por la foca.

Por no poder encaminarse al trote
un pobre asno quejumbroso y triste
se arrastró a dejar su voto por el buitre;
el caballo y el perro, no os asombre,
como siempre, votaron por el hombre.

Amigo lector ¿qué inconsecuencias notas?
Dime ¿no haces tú lo mismo cuando votas?

Guillermo Aguirre y Fierro

Publicacións populares deste blog

INDEFINICIÓN E DESLEIXO NA FORMA DE FACER POLÍTICA

Como funciona a Galicia que FUNCIONA ¿..?